martes, 21 de octubre de 2014

Recta final do 2014

Voltamos despois do verán e dunha proba que consideramos do mellor coma e o Extremo de Mesego, que fixo as ledicias de moitos, para os que non a coñecían quedaron moi contentos e os que xa a coñecían sorprendidos.

Estivemos facendo algúns arranxos no noso calendario debido os permisos e as datas, complicáronse algunhas cousas pero coma sempre no noso animo esta o seguir para adiante e sacar o calendario sempre que sexa posible coa xente ca que nos comprometemos.

A proba de Pontecesures mudámola de data e denominación, os amigos de TX Race farán a Endurollada onde teremos a entrega de premios da LIGA 2014, durante a comida que fagamos o rematar a ruta.

A nosa primeira proba agora despois do verán será entón o Enduro MEDA 2014 en Maceda, onde os amigos de Moto MEDA nos terán moitos cambios con respecto a outros eventos que xa se fixeron ahi. Un evento con dúas especiais e novo trazado, parque pechado dende o castelo de Maceda, pronto mais informacións dela.

O día 9 e 10 de Decembro en conxunto con Melicia en Portugal celebraremos o Enduro das Regioes, onde ademais de competir polos puntos da LIGA, sendo esta a ultima proba, teremos dúas competicións curiosas cun novo interese, a competición por Distritos que en Portugal son as provincias, ademais dun trofeo para o que perda entre os dous países, que será un “Chocalho de Vaca” que terá que ser devolto o ano 2015 para volvelo a xogar entre os dous países.

Xa tedes abertas as inscripcións para estes eventos

1 comentario: